miércoles, 10 de diciembre de 2008

Cursos sobre Violencia de género

A PLATAFORMA OFERTA 8 CURSOS, 7 DELES DIRIXIDOS A COLECTIVOS PROFESIONAIS.

Igualdade presenta unha novidosa plataforma de teleformación para impartir cursos sobre prevención e atención de situacións de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade presentou a nova plataforma de aprendizaxe electrónica a distancia www.igualdadeforma.org como unha ferramenta cunha metodoloxía áxil e flexible orientada á formación básica sobre prevención, atención, asistencia e tratamento de situacións de violencia de xénero.

Os obxectivos da nova plataforma de teleformación son, segundo Adán, sensibilizar os homes e mulleres galegas no valor da igualdade como eixo fundamental para o desenvolvemento social. Tamén busca fomentar a igualdade de trato e de recoñecemento entre mulleres e homes, dotar de coñecementos básicos en materia de violencia de xénero á poboación en xeral, así como promover a consideración da violencia machista como un problema social e político xeral.

A oferta formativa desta pioneira ferramenta, desenvolvida por profesionais da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, consta de 8 cursos. O primeiro deles é o básico de formación en violencia de xénero que comezará a impartise o vindeiro día 9 de decembro. Os seguintes cursos son máis específicos e van dirixidos a profesionais do ámbito educativo, do das forzas e corpos de seguridade, dos medios de comunicación, profesionais da psicoloxía, do ámbito sanitario, dos servizos sociais e do ámbito xudicial.

A duración de cada módulo formativo é de 30 horas (20 no caso do curso básico de formación) cunha oferta de 30 prazas en cada un deles que se desenvolverán dende este mes e ata o mes de febreiro do 2009.
Tódolos cursos da plataforma de teleformación terán un seguimento do proceso formativo e contan coa posibilidade de actualizar os seus contidos de xeito inmediato. Así mesmo, cada curso ten unha estrutura modular composta por un determinado número de temas por cada módulo, de xeito que, ao finalizar un módulo, realízase unha proba de avaliación. Ademais, unha vez completados tódolos módulos o curso darase por finalizado unha vez os alumnos superen o exame do último módulo. Recibirán a acreditación correspondente e poderán cumprimentar unha enquisa de avaliación de calidade.

Fuente: www.igualdadegaliza.org

No hay comentarios: